Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Lola Rontano presenta o seu libro Austroatlántica en Corcubión

austroatlantica portada
Lola Rontano presenta o seu libro Austroatlántica en Corcubión

Como xa anunciamos previamente, a escritora baiesa Lola Rontano comeza unha serie de presentacións da súa premiada obra Austroatlántica por Galicia. A seguinte parada é o próximo venres 13 de decembro, onde terá lugar a presentación do libro Austroatlántica ás 20:00h na Capela do Pilar da man da súa autora Lola Rontano, acompañada polos poetas Álex López e Serxio Iglesias, ambos membros da comunidade eco social e cultural Boca de Sapo.

Deste xeito algunhas das asociacións con raíz Corcubionesa seguen propondo xuntarse para manter viva a axenda cultural local. Fai só unhas semanas celebrábase o Ciclo Etnográfico de Cine Galego explorando o noso territorio con algunhas das figuras do novo cinema galego cando aínda estaban pretas as reflexións a propósito dos encontros de Filosofía para Veraneantes.

Coa presentación desta novela, neste caso desde o exercicio da escritura como tamén fixeran acompañando ao poeta Suso Bahamonde o pasado abril, afondarase nun País doído polas crises. Será a través dunha viaxe exploratoria pola xeografía Arxentina que servirá de espello para observar as problemáticas da nosa propia e polas vivencias dos diversos protagonistas da novela. Lola, Álex e Serxio preparan unha velada orixinal na Capela do Pilar que está a conquistar corazón a corazón a todas e todos os que pasan por este inusúal espazo cultural. 

Sobre Austroatlántica

Austroatlántica é a novela dunha autora que mira a España, pero o fai coa intelixencia de afastarse miles de quilómetros e usar Arxentina como un espello inusual no que identificar indirecta pero rotundamente as convulsións da España recente. Fronte á habitual novela do escritor latinoamericano que escribe o seu país desde Europa, Lola Rontano fai o traxecto inverso, moi pouco habitual, excepcional. E desde esa distancia, con reflexos, paralelismos e ecos, atopamos unha mirada moito máis exacta.

Estamos ante a historia dunha viaxe, unha viaxe real, quilométrico, cheo de etapas, paisaxes e xentes; pero como toda boa viaxe é no fondo unha viaxe interior, unha procura inalcanzable, un atoparse co inesperado e non por iso menos necesario, e en definitiva, unha procura de sentido, do propio lugar no mundo.

Comentarios