Nace en Corcubión a Plataforma "Reiseñores" para loitar pola mellora das condicións do alumnado NEAE
13:24 23/10/22
Onte naceu a Plataforma "Reiseñores" polas Necesidades Educativas Especiais e as Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEE/NEAE) Costa da Morte.
Este colectivo humano funda Corcubión esta Plataforma para “a defensa e a concienciación da dignidade e do dereito a ser e estar neste mundo en igualdade de oportunidades, sexa cal sexa a súa condición e en todos os ámbitos que nos afectan na vida, e así, construírmos, desde esta perspectiva, unha sociedade máis xusta, solidaria e inclusiva, por conseguinte, máis libre”.