luns. 11.11.2024
El tiempo

O BNG corcubionés presentará a pleno varias mocións a nivel estatal

O BNG corcubionés presentará a pleno varias mocións a nivel estatal

O grupo municipal d BNG presentou dúas mocións para que se debatan e aproben no pleno ordinario deste vindeiro xoves, mocións que van en contra das últimas medidas adoptadas polo goberno do estado e da Xunta. Así, solicitará a baixada dos recibos da luz, do gas e da auga.

Para o BNG, "todas estas reformas económicas, laborais e sociais o único que supoñen é que sempre paguen os mesmos, a gran maioría da poboación". O portavoz do BNG en Corcubión, Oscar Insua señalou que “é totalmente incoherente que os que se din chamar socialistas, borren dun plumazo todos os logros conseguidos, dereitos dos traballadores fundamentais nos que fixo falla moito sudor, lágrimas e anos de loita sindical".

Idade de xubilación

Asi mesmo, solicitarán ao goberno que non aumenten a idade de xubilación aos 67 e aumenten as axudas dos RISGA´s aos máis necesitados. "É indigno aumentar a idade de xubilación aos 67 e aumentar os anos de cotización, cando vemos como o goberno galego e español aproban ERE´s e prexubilacións aos 55 anos porque lles interesa a determinadas empresas”, asegura Insua.

Neste sentido, Oscar Insua convida e anima a toda a veciñanza a participar na folga xeral do vindeiro xoves 27 de xaneiro, convocada polo sindicato CIG.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG corcubionés.

Comentarios