O BNG de Corcubión aproveita un novo Currunchiño para criticar ao alcalde
08:30 02/04/12
O BNG de Corcubión ven de facer público esta semana un novo número da súa revista O Currunchiño. Un número que aproveita para criticar a decisión do alcalde de non aceptar un referendo para escoller a ubicación do novo cemiterio municipal. Unha decisión que contou co apoio do PP que veía no referendo un problema de xestión.
Así mesmo, o BNG corcubionés reincide no "despilfarro e desastre ecolóxico da praia artificial", e critica a "censura" do alcalde ao quitar unha pancarte que colocaba o grupo da oposición e que ordenaban retirar un día despois.
Máis información
- BNG de Corcubión: Descargar O Currunchiño [pdf].
Novas relacionadas
- Os Concellos apretan o cinto.
- O BNG de Corcubión denuncia falta de liberdade de expresión.
- O BNG de Corcubión acusa o PP de ser cómplice do alcalde.
- O PP de Corcubión traslada a responsabilidade da praia artificial ao goberno central.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.