Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión acusa o PP de ser cómplice do alcalde

O BNG de Corcubión acusa o PP de ser cómplice do alcalde

Continúa o proxecto de rexeneración do areal de Corcubión sendo centro de polémicas. Esta semana o BNG vén de preguntar no congreso ao PP se vai executar o proxecto da praia artificial en Corcubión, ao tempo que o acusa de ser "cómplice do alcalde" neste punto, e noutros.

Pon o exemplo o BNG da última sesión plenaria, na que o grupo de goberno, co apoio do PP, decidiron a ubicación do cemiterio, "sen contar coa opinión dos veciños", segundo denuncia o BNG, que presentaba unha iniciativa para facer unha consulta popular á que o PP se abstiña.

Lembra igualmente Oscar Insua, voceiro do BNG local, que "non é a primeira vez que o PP facilita ao alcalde sairse coa súa, pois no mes pasado, o orzamento municipal puido aprobarse gracias ao abandono do salón de plenos dos edís populares".

pregunta pola praia

Deste xeito, o BNG vén de rexistrar no congreso dos Deputados, a través de Francisco Jorquera, unha "pregunta para que o goberno de Rajoy responda por escrito si vai seguir ou non adiante co proxecto xa iniciado da praia artificial, pois o Bloque corcubionés xa non se fía da palabra popular".

O portavoz nacionalista, Oscar Insua señalou que “O PP fala moito, pero ao final está facilitando que o alcalde sempre se saia coa súa". Insua tamén manifestou que “veremos si o PP cumpre coa palabra dada no seu día sobre a praia artificial, ou pola contra tamén deixará que o alcalde faga o que lle pete. Está claro que o PP de Corcubión, por activa ou por pasiva, é cómplice do alcalde".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios