Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión critica a intención do concello de urbanizar Quenxe

O BNG de Corcubión critica a intención do concello de urbanizar Quenxe

Celebraba onte o BNG de Corcubión unha rolda de prensa para analizar a situación en materia urbanística do Concello corcubionés. A primeira queixa do grupo do BNG é o "obscurantismo" que amosa o concello tras saber que o alcalde xa enviou un boquexo do Plan Xeral de Ordenación Municipal sen informar á oposición.

Oscar Insua, voceiro do BNG local, deixou entrever que pode haber "intereses persoais" porque non entende que o concello envíe esta proposta sen consensuala. Insua entende que o alcalde envía agora esta proposta do PXOM para evitar a avaliación ambiental estratéxica, que segundo o BNG, non a pasaría coas novas propostas de Quenxe.

Así e todo, non entende o BNG como o grupo de goberno, que tanto criticou as obras desenvoltas en Quenxe polo longo goberno do BNG corcubionés, segue precisamente esa mesma liña de "excesiva urbanizabilidade". Para evitalo, o BNG asegura que fará todo o posible por convertir toda a zona en zona verde.

Invasión urbanística

A realidade urbanística corcubionesa está complicada. Se a Xunta rexeitaba a comezos de ano unha proposta do PXOM da man do grupo de goberno por excesiva permisividade urbanística, as últimas non son mellores. De feito, o grupo do BNG non entende que o novo grupo de goberno fomente agora

A semana pasada denunciabamos que unha das parcelas de Quenxe será invadida por unha nova urbanización. Pero é que son dúas as parcelas da zona que teñen prantexada edificacións na nova proposta do Concellos. Vemos en primeira instancia unha parcela propiedade da Caixa Galicia. E albiscamos a segunda aló no fondo, rodeando ao museo Seo de Corcubión.

Deset xeito son malas as novas para aqueles que tiñan a ilusión de que estas parcelas convertiran Quenxe nun lugar de referencia turística en toda a Costa, cunha praia de primeira calidade e un fermoso parque integrado á súas costas. Agora, a realidade é que roldan as 1000 novas vivendas as que prantexa o novo PXOM, case tantas como a poboación fixa do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios