O BNG de Corcubión denuncia ao alcalde ante o Valedor do Pobo por unha pancarta
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/03/13/Pancarta-de-Non-a-Praia-retirada-polo-Concello-de-Corcubion.jpg)
09:10 23/04/12
![Pancarta de Non a Praia retirada polo Concello de Corcubion](/media/quepasanacosta/images/2012/03/13/Pancarta-de-Non-a-Praia-retirada-polo-Concello-de-Corcubion.jpg)
O pasado 12 de marzo o Concello de Corcubión retiraba unha pancarta do centro da vila de Corcubión. Unha pancarta contra a praia artificial que segundo o BNG, responsable da súa colocación, "leva máis dun mes secuestrada nas dependencias municipais".
E por iso grupo da oposición vén de "denunciar ante o valedor do pobo ao alcalde, F. Javier Lema, por atentar contra o dereito fundamental de liberdade de expresión no marco do pluralismo político". Se para o BNG esto é un "abuso de poder do alcalde", dende o Concello insisten en que "non se pode colgar unha pancarta en dominio público sen permiso".
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.