O Pactómetro: Corcubión
O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada, onde teñen maioría absoluta o PSOE (Camariñas, Dumbría, Muxía e Ponteceso), BNG (Carballo, Mazaricos e Zas) e PP (Cabana e Laxe).
Quedan pois pendentes dos posibles pactos, ou de gobernos en minoría os seguintes concellos: Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo. Irémolos vendo estes días, comezando por Corcubión, despois dos seus apretados resultados.
Corcubion: Pode pasar de todo
Cambiou, como se esperaba, o panorama político a irrupción de Sempre Corcubión. Agora pode pasar de todo, pois se formulan varias posibilidades, ademais da de seguir gobernando cun PSOE en minoría, repetindo os eternos problemas para sacar os proxectos estratéxicos adiante.
Aparece no escenario a posibilidade dun tripartito BNG-Sempre-PACor, ou dúas posibles coalicións PSOE-Sempre Corcubión e mesmo PSOE-BNG.
Dende Sempre Corcubión, Alfredo González amosa a súa relativa satisfacción convertíndose en terceira forza, a só 8 votos do BNG, con apenas uns meses de vida. Ten clarísimo que está aberto a pactos. “Nós entendemos que Corcubión necesita un goberno forte. Deixar en minoría non é unha boa opción. Falaremos con todo o mundo sen problema ningún, pero claro, eu saín das filas do BNG, e se me forzas prefiro o BNG, por afinidade política e por todo, pero tampouco desboto poder chegar a un pacto co PSOE. Iso si, co BNG tamén habería que sumar a PACor”, apunta.
Precisamente a necesidade de incluír a PACor é o que máis chirría para a militancia do BNG corcubionés, pois consideran que sería convertir o pleno nunha feira. Un partido descontento cos resultados, se ben xa sabía que non había por onde subir coa chegada do novo partido. Por iso, dende o seo do grupo nacionalista se formula como unha posibilidade válida, para saír da parálise municipal, formar goberno co PSOE. De feito, o BNG xa formulara en 2015 un posible pacto rexeitado polo PSOE, e pode que se volva formular a posibilidade, rompendo anos de hostilidade e formando un goberno que podería acabar sendo clave para o futuro da vila.
Dende o PSOE tamén esperan que sexa posible facer un goberno estable, e aseguran valorar a boa relación que tiveron esta lexislatura cos concelleiros do BNG. Aseguran que as diferencias históricas e mesmo familiares que sufriron ambas forzas políticas durante anos quedaron superadas, facendo posible unha coalición que supere de dificultades para sacar adiante proxectos e iniciativas.
Un dos temas fundamentais para este concello sería poder aprobar algunha dedicación exclusiva para que haia políticos que lle poidan dedicar o seu 100% ao Concello.
Novas das Eleccións
- Eleccións #Municipais19 en Corcubión: O PSOE mantense como primeira das 5 forzas do pleno.
- Os resultados das #Eleccións Municipais2019 na Costa da Morte, Concello a Concello.
- As maiores sorpresas das Eleccións Municipais 2019
Artigos relacionados
- Louzán: O Día Despois.
- Marisol Soneira: A Costa da Morte tínguese de roxo.