domingo. 25.05.2025
El tiempo

O PSdG abre o seu ciclo de Xornadas de debate sobre as políticas do PP

O PSdG abre o seu ciclo de Xornadas de debate sobre as políticas do PP
Xornadas PSdG Costa da Morte

A Casa da Cultura de Corcubión acollerá durante os sábados do mes de novembro (días 16, 23 e 30) unha serie de tres xornadas organizadas polo PSdeG-PSOE provincial nas que se abordarán os efectos e repercusións que están a ter sobre a cidadanía as políticas do PP no Goberno central e na Xunta de Galicia. Unhas xornadas que serán de debate aberto á veciñanza.

A primeira das charlas terá lugar este sábado 16 de novembro a partir das 11.00 horas, correrá a cargo de Antonio López Díaz, conselleiro do Consello de Contas e catedrático de Dereito Financiero e Tributario da USC e versará sobre a repercusión na economía familiar das subas de impostos e taxas locais. O acto será presentado por Marisol Soneira e moderará o debate o secretario provincial dos socialistas coruñeses e deputado autonómico, Francisco Caamaño.

O sábado 23 de novembro, tamén en Corcubión, os socialistas da zona debaterán sobre a nova Lei de Administración Local e as súas repercusións sobre os cidadáns de concellos pequenos. Os encargados da ponencia serán Francisco Caamaño e Carmen Gallego e presentará o acto a deputada no Parlamento Marisol Soneira.

O ciclo precharase o sábado 30 cunha charla do portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu, na que explicará cómo nos afectan aos cidadáns os recortes que veñen experimentando servizos públicos esenciais como sanidade, educación e servizos sociais.

Programa das charlas-debate "As repercusións sobre a cidadanía das políticas do goberno central e a Xunta de Galicia"

  • Sábado, 16: "Impostos e taxas locais implantados polo Estado e a Xunta e súa repercusión na economía das familias". Con Antonio López Díaz, conselleiro no Consello de Contas como ponente; moderado por Francisco Caamaño e presentado por Marisol Soneira.
  • Sábado, 23: "Nova Lei de Administración local. Repercusións sobre os cidadáns de concellos pequenos". Cos ponentes Francisco Caamaño, secretario provincial do PSdeG-PSOE e deputado no Parlamento de Galicia e Carmen Gallego, portavoz do Grupo Socialista no Parlamento en materia de Asuntos Sociais.
  • Sábado, 30: "Os recortes nos servizos públicos esenciais: educación, sanidade e servizos sociais". O Ponente será José Luís Méndez Romeu, portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios