Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Tren 3C A Coruña-Carballo-Corcubión volve á palestra

O Tren 3C A Coruña-Carballo-Corcubión volve á palestra
Pincha para ver grande o mapa do Tren das 3C Coruña-Carballo-Corcubión - Fonte-Jano Lamas Se de demandas históricas falamos, a do Tren das 3C pode ser unha das máis lonxevas. Segundo nos conta Jano Lamas, aló por comezos do séxulo XX, o corcubionés Plácido Castro Rivas, prantexara un proxecto para unir a través dunha liña de ferrocarril as vilas de A Coruña, Carballo e Corcubión. Xa no 1907 fóra aprobado polo Consello de Ministros cunha partida do 5%. Pero aínda estamos agardando por ela...

Uns anos máis tarde, dende o goberno o tamén corcubionés Pepe Miñones retomaba o proxecto para intentar facelo unha realidade. I é que falamos dunha vía de comunicación que serviría para vertebrar a Costa da Morte e que a día de hoxe sería unha saída excepcional para o illamento histórico que sufrimos. A petición é recuperada estes días polo BNG de Bergantiños, que, afirma, "non vai esquecer unha demanda xa case secular, e considera o recollido nas Directrices de Ordenación do Territorio como o recoñecemento dunha obviedade negada polos sucesivos gobernos de PP e PSOE". E iso que en maio de 2009, o PP, ao facerse co goberno da Xunta, prometía retomar o proxecto das 3C, algo que do que non se falou na recente presentación do Plan Revive. Nese sentido, o BNG comarcal lembra que xa ten manifestado e demandado esta necesidade. A última vez, en decembro do ano pasado, cando o BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta do 2011 coa finalidade de fixar unha cantidade destinada a financiar o proxecto da obra, emenda que foi rexeitada polo PP, incluídos os deputados desta zona, Alberto Sueiro e Marisol Piñeiro, despois de prometer en numerosas ocasións nas pasadas eleccións autonomicas este desexado tren das tres Ces.

Comezando polo norte

Dende o BNG bergantiñán sinalan que a apertura do novo eixo industrial Arteixo - Carballo pode ser o primeiro chanzo para o consecución desta infraestrutura. Unha infraestrutua recomendada xa polas Directrices de Ordenación do Territorio, recentemente aprobadas pola Xunta de Galiza.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Bergantiños.

Comentarios