Os pequechos de Corcubión disfrutarán dun obradoiro de máscaras con material reciclado


Ademais do Entroido do sábado que artella o Concello, Corcubión ten outra cita. I é que a Asociación Universidade Popular de Corcubión organiza para o vindeiro luns 7 de marzo, de 11:30 a 13:30 h, un OBRADOIRO DE MÁSCARAS de Entroido, dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos de idade. Trátase dun taller no que a reciclaxe é fundamental, polo que os nenos/as poden traer de casa diverso material de refugallo.
A cita será na Casa da Cultura de Corcubión e estará impartido por Marta Lorenzo Xoubanova, unha das novas monitoras de tempo libre formadas no cursillo que se desenvolveu durante varios meses no concello corcubionés.
As inscricións poden facerse, por teléfono, ao seguinte número: 672017749 ou no correo electrónico da asociación: universidadecorcubion@hotmail.com, ou na Biblioteca municipal.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión.