mércores. 10.12.2025
El tiempo

As parroquias de Corcubión empregan o inverno para mellorar na prevención de incendios

Imaxe da reunión de prenvecion de incendios da primavera pasada
Imaxe da reunión de prenvecion de incendios da primavera pasada
As parroquias de Corcubión empregan o inverno para mellorar na prevención de incendios

Menudo exemplo dan as xentes das aldeas de Corcubión. As asociacións de Veciños do Lugar de Quenxe, de San Roque e de San Pedro de Redonda, mentres devolven á vida os muíños de Quenxe, volven traballar en materia de prevención de incendios.

Como xa fixeron na primavera pasada, este vindeiro sabado 13 de decembro as tres asociacións parroquiais xunto coa participación do Distrito forestal de Vimianzo e o Concello de Corcubión, manterán unha xuntanza para tratar accións de prevención contra incendios.

Unha reunión para ter tempo suficiente para ter todas as normativas listas de cara ao verán e para ir xuntando material necesario para que a veciñanza estea armada en caso de incendio.

A reunión será o sábado ás 17 horas no Albergue de San Roque. Deste xeito abordaranse as medidas preventivas de cara o verán, tales como manter limpas as franxas de seguridade de 50 metros na volta das casas, as limpiezas de camiños, indentificar que tipo de árbores se poden plantar en zonas cercanas ás vivendas, etc…

O acto é aberto á toda a cidadanía.

Máis novas

Comentarios