Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A radiONeria, anfitrioa dunha reunión de representantes de emisoras municipais de todo o Estado

Radioneria no Carrumeiro
Imaxe da presentación do pasado mes de xuño do proxecto Onda ODS no Carrumeiro
A radiONeria, anfitrioa dunha reunión de representantes de emisoras municipais de todo o Estado

A revivida radiONeria, a radio Municipal de Corcubión, acolle este xoves unha importante cita de nivel estatal. Representantes das redes de radios locais do estado reuniranse este xoves . Toño Casais, o actual responsable da emisora, e Henrique Sanfiz (responsable da Rede de Emisoras Municipais Galegas EMUGA-Radiofusión), farán de anfitrións ante a visita de representantes das Emisoras Municipales de Andalucia, RTV Cardedeu- La Xarxa de Catalunya, Emisoras Municipais Galegas e a Red de Medios Comunitarios.

EMUGA coordina esta reunión onde os representantes das redes examinarán a marcha do proxecto “Onda Ods Empeza por ti” que desenvolven de xeito conxunto desde o pasado
mes de abril. A xornada desenvolverase ao longo do xoves na Casa da Cultura de Corcubión.

Tanto Toño Casais (Radio Neria) como Henrique Sanfiz (Radiofusión) expuxeron no pasado mes de xuño a intención de transformar a radio local nun centro de produción de audio e nun punto dinamizador da comunicación na comarca. Así o trasladaron nunha xuntanza co movemento asociativo, celebrada o pasado mes de xuño no Clube Marítimo Carrumeiro, no que repartiron exemplares de "Comunicándonos. Guía práctica para a elaboración de contidos audiovisuais e podcast relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel"

Naquela xuntanza tamén se falou do exitoso podcast "Lo que tu digas" impulsado polo mozo natural de Corcubión Alex Fidalgo, exemplo da ampla canteira xornalística da radio municipal corcubionesa, que xa supera os 10 millóns de descargas e que conta con 280.000 seguidores en YouTube, 190.000 en Instagram e 10.000 en Twitter.

Comentarios