O Ribeiro acolle unha xornada que marida letras con cócteles
07:48 12/12/24
Xa no lo contou o propio Abraham, pero por se acaso algún amante das letras non estivo atento á súa columna semanal, este venres 13 de decembro, o neto de Manolín estará na Taberna O Ribeiro de Corcubión, a partir das 20:00h.
”La coctelera literaria” consiste nun evento no que se pretende resaltar a vinculación entre a gastronomía e a literatura axudándose de tres escritores universales (que se desvelarán ese día) e das bebidas (cócteles) que lles gustaba tomar.
Para participar cómpre anotarse no 663714289, o teléfono de contacto do Ribeiro.