venres. 17.01.2025
El tiempo
Abraham Trillo
08:03
09/12/24

La coctelera literaria

La Coctelera literaria en Corcubion
La coctelera literaria

Tan só fixo falta dicirlle, “oye, y por qué no hacemos un encuentro literario aquí, en el Ribeiro?”, para que respondera, “ok, le damos una vuelta”. E é que o de Aroa é un caso a parte. Un xenio hosteleiro e humano que imos vendo como prospera.

O próximo venres trece, as oito da tarde, celebraremos un encontro no que pretendemos darlle espazo precisamente a iso, ao gastronómico e ao literario como dúas artes que durante tanto tempo lle levan permitindo ao ser humano selo. Gastronomía e literatura, digo. Tres autores, tres cócteles, tres tapas. Boa música e conversación. Todo relacionado. É o que se agarda.

Dende o título que Aroa elixiu para o evento -“La coctelera literaria”-, imaxino eu milleros de verbas entrando no batidor metálico para saír convertidas nun zume de letras, as cales traballarán a gorxa logo, frescas e mixturadas -que non axitadas-, coas súas aristas de eñe ou equis.

Espero vervos por alí, así que ide anotándovos, que as prazas son limitadas e o tempo voa.

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios