Signatus Films caza o derradeiro lobo ibérico na Costa da Morte

Xa vimos unha Breve etoloxía do lobo ibérico e unha marea de Vídeos naturais de Francisco Santiago López. Hoxe, remata con esta serie sobre o lobo, e nos cede o privilexio de compartilo a través do youtube, ademais de facelo a través do seu facebook persoal.
O corcubionés Francisco Santiago López, o “Félix Rodríguez de la Fuente da Costa da Morte”, marcha coa súa cámara polos montes da Costa da Morte para “cazar” toda clase de fauna salvaxe. Fica agazapado nun lugar estratéxico (o sitio é clave) e espera que apareza o amigo xabarín, o garañó, o moucho, os lagartos, as lontras… ou o lobo, o seu favorito. De feito, púxolle á súa marca audiovisual: “Signatus Film”.
Aquí vos deixamos coa última peza da serie, unha xoia audiovisual da nosa natureza, cunha visión tremendamente crítica do desenvolvemento social do humano, que vaticina o fin da presencia do lobo ibérico nos nosos montes:
Os outros vídeos da Breve etoloxía do lobo ibérico
Breve etoloxía do Lobo ibérico
Posted by Francisco Santiago Lopez on Domingo, 31 de Maio de 2015
Posted by Francisco Santiago Lopez on Mércores, 10 de Xuño de 2015
A Caza III parte (Breve etoloxía do lobo ibérico)
Posted by Francisco Santiago Lopez on Martes, 16 de Xuño de 2015
Máis vídeos naturais
- Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte.
- A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte: O xabarín.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
