Un certame de cuñas radiofónicas escolares para levar o galego ás ondas


Con motivo do Día das Letras Galegas 2014, a Rede de Dinamización Lingüística convoca o concurso de cuñas de radio orientadas a promover a lingua propia de Galicia O galego na onda. Sabemos de boa tinta que alumnos de Santa Comba participarán e supoñemos que en Corcubión tamén, unha vez que o Concello corcubionés tamén participa na iniciativa.
O certame ten como o obxectivo promover a reflexión sobre a lingua galega e a súa valoración positiva entre a mocidade, ademais de difundir as posibilidades da comunicación radiofónica entre a mocidade, e así incrementar a percepción do galego como lingua útil para a comunicación mediática. Un xeito de afondar así na importante posición de privilexio que conta Galicia fronte á lusofonía.
Os protagonistas serán os alumnos da Educación Secundaria Obrigatoria, individualmente ou en grupos de ata 4 persoas. E As cuñas de radio deberán ser inéditas, estar gravadas en lingua galega e estar orientadas a promover o seu uso e valoración social. Poderán incorporar música sempre que esta sexa orixinal ou conte con licenza Creative Commons.
A data límite para enviar as cuñas é o 17 de maio de 2014. E teñen que entregarse nos Concellos participantes.
Máis información
Novas relacionadas
- Como cho digo: Polo Galego nos Medios de Comunicación.
- QPC participou no 10 aniversario do Galicia Confidencial.
- Un bo ano para os medios en galego.
- A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).