Luns. 09.09.2024
El tiempo

Unha charla histórica para o futuro do Centro de Día de Corcubión

Unha charla histórica para o futuro do Centro de Día de Corcubión
Charla historica en Corcubion

O pasado mes de maio parecía que vería a luz en breve. Pero a realidade é que o Centro de Día de Corcubión segue lonxe de abrirse. Un proxecto que arrincaba no 2009, pero que dende o 2011, e por falta de financiamento, quedou parado.

E para recuperar o seu futuro, que mellor que ollar ao pasado. Así, este venres 22 de agosto a partir das 18:30h, o historiador e escritor corcubionés Luís Lamela dará unha charla histórica sobre as Fundacións Benéficas en Corcubión que deron orixe ao antigo asilo. Todoo no marco dunhas Xornadas de portas abertas sobre o futuro do Centro de Día de Corcubión.

O propio Lamela recoñece que “a historia e a memoria son a nosa casa de cultura: dá razón do que somos”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios