Unha mesa para facer memoria pola muller traballadora dende Corcubión

08:25 26/02/14

O vindeiro 8 de marzo é o Día da Muller Traballadora. E xa temos algunha actividade en marcha, como a que nos presenta a Universidade Popular de Corcubión. A homenaxe da entidade será en forma de mesa redonda para ese sábado ás 19:00, na Casa da Cultura de Corcubión.
Baixo o título de “Facendo memoria”, cinco mulleres, xa xubiladas, e representativas de diversos colectivos laborais (mariscadora, mestra, labrega, hostaleira e costureira),porán en común as súas experiencias e reflexións nunha mesa redonda.
Elas serán Lupe Rodriguez Franco, costureira; Nieves Gómez Castro, hostaleira; Inés Rivas Senlle, mestra; Pilar González López, labrega; e Inés Estévez Papín, mariscadora.
Novas relacionadas
- Accións polo dereito ao aborto na Costa da Morte.
- As mulleres da Costa da Morte volven expresar o seu dereito a decidir.
- As mulleres de Cee non queren rosarios nos seus ovarios.
Fonte
- Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión.