Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira

Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira

Segue a vila de Corcubión preparando a súa viaxe cara o pasado. O XI Mercado Medieval de Corcubión xa se sinte. E para ir preparándose psicolóxicamente o cárcere vello corcubionés acolleu unha interesantísima charla histórica.

E quen mellor que Víctor Castiñeira, historiador e colaborador desta casa, precisamente coa súa sección histórica "Que pasou na Costa", para darmos un repaso á época medieval na Costa da Morte.

Castiñeira, no marco das Xornadas sobre o Patrimonio histórico e Artístico de Corcubión na Etapa Medieval, presentou a súa conferencia “A baixa Idade Media na Costa da Morte: As Terras de Nemancos”. E como este home non pode ir "para saír do paso", preparou unha presentación tremendamente documentada, cun rigor exquisito.

A sesión comezou dende no séc. IX, co descubrimento da tumba do Apóstolo e a aparición dos Traba na bisbarra, sempre partindo da zona de Moraime. De aí, e co apoio de 67 imaxes preparadas para a sesión, os asistentes realizaron unha viaxe ata o sec. XV, facendo un repaso por familias como as de Moscoso, os Traba, os Altamira.....

Como non podía ser doutro xeito, a charla rematou nas loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV, esas batallas nas que se basea a representación do Desembarco. Un Desembarco que, por certo, podemos adiantar que este ano se volverá realizar, e será na Praia de Quenxe.

Charlas polos institutos

O pasado mes de xuño, Castiñeira impartiu unha sesión histórica específica sobre a Costa da Morte nos IES Agra Raíces de Cee. Unha proposta moi interesante, unha vez que os alumnos saen do instituto sen ter dado ao longo dos 14 anos de periplo escolar un só dato centrado na nosa bisbarra.

Animamos así aos centros da zona a que se poñan en contacto con el, no Concello de Cee, onde traballa como Técnico de Cultura, para que continúe achegando á mocidade da Costa da Morte ás súas orixes.

Vindeira aparición no Que pasou na Costa

Aproveitando a coxuntura, e xa que o material está perfilado, en breve iremos publicando a conferencia por fases, dando un, novo, repaso á época medieval na Costa da Morte.

Novas relacionadas

Que pasou na Costa

Que pasou na Época Medieval

Elección Histórica da Costa da Morte

Fonte

Comentarios