Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Visita institucional ás obras litorais do goberno central en Corcubión, Muxía e na Ponte do Porto

Maria Rivas Visita Corcubión obras paseo
Visita en Corcubión
Visita institucional ás obras litorais do goberno central en Corcubión, Muxía e na Ponte do Porto

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou onte os Concellos de Corcubión, Muxía e a Ponte do Porto, para analizar varias obras en marcha.

En Quenxe

En Corcubión, visitou as obras de reparación do esfolado paseo marítimo, unha pequena actuación que está a desenvolver Demarcación de Costas e que reforzará a estrutura e mellorará o aspecto do paseo. Un obra, en todo caso, insuficiente como lle trasladaron dende o Concello, que solicitaron unha reforma integral do propio paseo, ademais de lembrarlle a necesaria a unión entre os paseos de Cee e Corcubión,.

En Muxía

Obras praia da Cruz

Posteriormente a subdelegada do Goberno desprazouse ata o concello de Muxía, para realizar unha visita á Praia da Cruz, onde se iniciaban precisamente onte as labores de acondicionamento dos accesos á praia.

Na Ponte do Porto

Visita Vimianzo obras paseo cereixo

Finalmente, na Ponte do Porto, quixo coñecer o proxecto para estender o tránsito peonil dende a Ponte do Porto ata Cereixo, no treito vimiancés, e dando continuidade ao xa feito na parte camariñá.

Comentarios