Venres. 26.04.2024
El tiempo

As novas urbanizacións de Corcubión duplicarán as súas vivendas

As novas urbanizacións de Corcubión duplicarán as súas vivendas
Curioso é o caso do urbanismo nas vilas da Costa da Morte. Mentres vemos que a poboación ten que emigrar cada día máis, que as casas do centro das vilas van quedando baleiras (o 30% en Corcubión concretamente), que non hai xente polas rúas... vemos tamén que os edificios se multiplican como castelos de area nunha praia chea de cativos. Pero estes castelos son dos que deixan pegada. E unha pegada eterna, como o dano feito en Quenxe coas urbanizacións de estilo marbellí da época Mouzo. Pero o cemento non recúa. E xa vimos que as novas urbanizacións de Quenxe segue en marcha, botando por terra o que podía ser un proxecto pioneiro na bisbarra. A recuperación das vellas fábricas de salazón e a creación dun parque que se unise coa praia convertiría Quenxe nun lugar perfecto para o turismo. Pero a proposta, pola contra é a de crear novas urbanizacións nas parcelas da "Caixa Galicia" e de "Gallina Blanca". Agora comprobamos que na parcela do Hotel El Hórreo, onde antano había bulalows, en breve crecerán novos edificios. Todo un ano despois de que a Xunta rexeitara o PXOM corcubionés por excesiva permisividade urbanística.

Duplicando as vivendas

E se podemos comprobar que o 80% das vivendas de Quenxe só se habitan apenas un mes ao ano, o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal preve a duplicación de vivendas. Das máis que máis de 900 vivendas que ten a día de hoxe pasaría a ter unhas 1800.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios