250 rapaces aprenderon a coidar do monte en Santa Comba


Nova xornada de formación ambiental desenvolta por Medio Rural pola nosa bisbarra. O pasado venres, 250 rapaces do colexio público Barrié de la Maza de Santa Comba recibiron unha sesión divulgativa sobre o coidado dos recursos forestais que levaron a cabo os axentes forestais do Distrito V. Unha cita para aprender a mellor forma de coidar da natureza e máis en concreto dos montes galegos.
A xornada comezou cunhas charlas por grupos, segundo a súa idade, nas que se abordaron temáticas relacionadas coa conservación da natureza e as características do noso monte. Despois, todos os alumnos reuníronse para unha sesión práctica no patio do colexio no que puideron coñecer as ferramentas das que dispoñen os axentes para coidar do monte, previr lumes e, no seu caso, extinguilos. De feito, levouse incluso un vehículo motobomba ao centro escolar para que os nenos coñeceran o seu funcionamento. A través desta xornada, os rapaces tamén poderán observar o crecemento dunha planta nas súas propias casas, xa que plantaron unha semente en recipientes plásticos para comprobar a súa evolución.



Novas relacionadas
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.
- Sementando nos nosos pequenos unha mensaxe de sensibilidade, respecto e amor pola nosa natureza.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).