Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#25N en Coristanco: Concienciando a todo@s para que non quede “nin unha cadeira máis baleira”

25N Coristanco
#25N en Coristanco: Concienciando a todo@s para que non quede “nin unha cadeira máis baleira”

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional pola elimacación da violencia contra a muller, o Concello de Coristanco continúa traballando na concienciación de tod@s arredor da campaña “Nin unha cadeira máis baleira” (do poeta Álvaro Antelo), facendo referencia as terribles consecuencias que pode ter mirar para outro lado: unha cadeira baleira.

O programa arrinca día 24 de novembro cunha masterclass de Defensa Persoal a cargo de Daniel Antelo, Instructor Internacional de Krav Maga TML. Durante a formación as participantes adquirirán nocións básicas de actuación ante unha posible agresión ou ataque. Esta dinámica desenvolveramos en dous grupos en horario de 18h e outro de 19h.

Para o día 25 de novembro, Loli España ofrecerá unha conferencia baixo o nome de ‘A sinsombreiro’ onde rescatará e honrará a memoria dunha das mulleres máis prestixiosas da intelectualidade española do século XX, que durante moitos anos foi privada do recoñecemento que merecía: Maruja Mallo. Loli España, artista local licenciada en Belas Artes, aportaranos a visión máis humana e persoal da pintora ademais de facer fincapé no seu activismo que desafiarou e mudou a vida social e cultural da España nos anos 20 e 30.

25N Coristanco 2021 2

Un minuto de silencio

O minuto de silencio e posterior lectura do manifesto celebrarase este ano con algunhas mudanzas. Na praza do Edificio de Servizos Múltiples, será instalado un claro símbolo da campaña. Unha cadeira de grandes dimensións (2,20x0.90 metros) de madeira de abeto.
Neste acto oficial participarán o Lupe Blanco e as Pandereteiras que adicarán unhas verbas e algúns cantos a esta causa e a lectura do poema "Nin unha cadeira máis baleira" do poeta Álvaro Antelo.

Pechará a xornada unha actuación de Pedro Brandariz quen interpretará unha sesión de contos para toda a familia. "Heroes e Heroas" ten como obxectivo a promoción da igualdade de xénero e a coeducación, dunha maneira activa, dinámica e sobre todo divertida. Esta actividade desenvolverase ás 18.30h no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples.

Novas do 25N

Comentarios