![complexo-deportivo-fontenla-santa-comba]()
A alcaldesa de Santa Comba e o delegado territorial da Xunta na Coruña visitaron as instalacións deportivas de Fontenla
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou onte xunto á alcaldesa de Santa Comba, María Pose, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O acto tivo lugar no concello de Santa Comba e posteriormente, ambos os dous desprazáronse ao complexo deportivo de Fontenla para comprobar o resultado dos traballos.
Santa Comba destinou as subvencións do Fondo de Compensación Ambiental á
instalación de paneis solares térmicos no complexo deportivo municipal, co que se dota á piscina de subministro de auga quente sanitaria para a súa climatización. A Xunta completou, con esta actuación, un investimento de 70.687 euros. As subvencións do Fondo de Compensación ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.
No caso Santa Comba, o municipio alberga 51 aeroxeneradores. Estas axudas están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)