A Casa do Maior de Erbecedo abre as súas portas

08:00 20/01/22
O proxecto cooperativo das Casas do Maior da Costa da Morte segue poéndose en marcha. En maio recibían a aprobación do proxecto e en setembro comezaban a funcionar as primeiras. Este sábado 22 de xaneiro toca estrear a Casa do Maior de Erbecedo, cunha xornada de portas abertas, a partir das 12:00h, para que todo Coristanco poida comprobar os seus servizos así como a metodoloxía de coidado das persoas maiores que desenvolverán en dita instalación.
O obxectivo primordial desta iniciativa é crear un espazo referente de ocio e crecemento persoal dos futuros/as usuarios/as e visitantes no que se compartan experiencias e recursos que garantan o benestar dos nosos maiores.
Novas relacionadas
- Decembro 21: A antiga escola de Xaviña xa funciona como Casa do Maior.
- Setembro 21: Mazaricos contará con dúas Casas do Maior.
- Setembro 21: En marcha 8 Casas do Maior do proxecto cooperativo da Costa da Morte.
- Maio 21: Nace a Casa do Maior da Costa da Morte, un proxecto de economía social e cooperativismo para asentar poboación.