Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un certame de Belenes como proxecto educativo transversal

Belenes do Concurso de Belenes de Coristanco
Algúns dos Belenes do Concurso
Un certame de Belenes como proxecto educativo transversal

Non falla o Concurso de Belenes do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa de Coristanco. Este ano, con pandemia e todo, convocou a IX edición, da man do mestre Gumersindo Capelo. Un Gumersindo que xa conta cunha coleción particular que xa supera o centenar de belenes, nas que se integran a orixinalidade, o aproveitamento de materiais e a calidade artística, que xudou a preparar moitas das 50 obras presentadas.

A idea é moito máis completa do que pode parecer a priori, pois enfocada aos escolares convírtese nun proxecto interdisciplinar no que se integran as materias de Plástica,b Tecnoloxía e Relixión. A maior parte das pezas foron elaboradas nas respectivas casas co apoio da familia e aproveitando, nalgúns casos, materiais en desuso ou recolleitos na contorna, todo un alarde de economía circular e de sostenibilidad.

Este martes tivo lugar a entrega dos gañadores en presencia de Mónica Cabanas gerente de Carrefour de Coristanco, o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, o capelán do centro, Manuel da Barreira, o presidente da Asociación de veciños de San Paio (Coristanco) Jesús Martínez Pardiñas e o Director do CRA Coristanco - Santa Comba (Colexio Rural Agrupado que integra 7 escolas unitarias destes concellos), Jesús Mosquera.

Entrega do Concurso de Belenes do EFA Fonteboa

Por esixencias da normativa Covid nesta edición os belenes expoñeranse no Aula Polivlente Ferrocar que habitualmente fai as funcións de taller. Ademais de colaborar nos premios, Carrefour de Corsistanco cede unha sala para a exposición dos belenes premiados e algúns outros máis, durante todo o periodo navideño. Unha parte dos belenes presentadostambién serán expostos no Edificio Municipal de Usos Múltiples do Concello de Coristanco, desde este mércores ata o 11 de xaneiro.

Os gañadores

  • Mellor Belén: Brais Esperante (Baiñas – Vimianzo), de 3º de ESO.
  • Segundo Mellor Belén: Ruben Caamaño (Regoelle – Olveira – Dumbría) e Diego Bellón (Anllóns – Ponteceso); ambos de 21 de ESO.
  • Terceiro Mellor Belén: Sergio Lois (Castriz – Santa Comba) e Hugo Diz (Cambre); ambos de 31 de ESO.
  • O Belén máis orixinal: Martín Gil (Carballo), de 3º de ESO.
  • O Belén con materiais reutilizados e reciclados: Pablo Puñal (Carballo) e Andrei Moreira (Coristanco) de 1º de ESO.
  • O Belén mais laborioso: José Recarey (Carballo) e Yago Barral (Arteixo), ambos de 3º de ESO.

Ganadores do Concurso de Belenes do EFA FOnteboa de Coristanco

Comentarios