Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Coristanco abre o prazo de preinscrición para o campamento Ó Son do Verán

Bosques de Coristanco con nenos
Coristanco abre o prazo de preinscrición para o campamento Ó Son do Verán

O Concello de Coristanco abriu o prazo de preinscrición (ata o 29 de abril de 2022) para as actividades de conciliación "Ó Son do Verán". A proposta deste verán de 2022, que se desenvolverá no renovado Centro Interxeracional da Área Recreativa da Rocheira, está formulada para aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio, a través dun programa de actividades culturais, deportivas e recreativas de verán que pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico, a través dunha metodoloxía activa, participativa, integradora e dinámica que teña aos máis pequenos como protagonistas.

Esta planificación de actividades será multidisciplinar, desenvolta en diferentes bloques temáticos:

  • Educación ambiental: xogos de campo, itinerarios de identificación de elementos naturais, caderno da natureza, reciclaxe artística…
  • Actividades de animación e convivencia: reunións, traballo en equipo, xogos de resolución de conflitos, xogos de expresión...
  • Actividades culturais: polas que se dará a coñecer a zona e o entorno, coñecendo as tradicións e recursos naturais, talleres de artesanía e modelado de arxila.
  • Actividades deportivas: sendeirismo, gymkhanas temáticas, xogo no medio natural, xogos de pistas, xogos de habilidade e enxeño, xogos con paracaídas, xogo de relevos...

Os obradoiros están pensados para nenos e nenas de 3 a 12 anos, con quendas semanais (a prezo de 10€), e un horario de 9:00h a 14:00h. Poden preguntar no Edificio de Servizos Múiltiples, en 651.66.49.08 e [email protected].

Comentarios