Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Coristanco concilia ao Son do verán

Coristanco concilia ao Son do verán

En clave de conciliación, Coristanco lanza un completo programa de verán, mantendo as normas sanitarias.

Por un lado iniciamos as Actividades Deportivo-Recreativos de verán con grupos reducidos (15 nenos por grupo) onde se priorizarán as actividades en espazos exteriores. Tratarase dun conxunto de actividades lúdicas, xogos cooperativos, actividades predeportivas, roteiros... que terán lugar na área recreativa da Rocheira. Terán prioridade os menores empadroados no concello cuxos ambos proxenitores precisen a conciliciación laboral por estaren traballando, así como as familias monoparentais e monomarentais na mesma situación.

Piscina

piscina facebook

Por outra banda procedese a apertura da Piscina Municipal da Rocheira, este ano con modificacións e condicións atípicas. A crise sanitaria supón a necesidade de adaptar as actividades extremando as precaucións e normas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades competentes. O aforo total da instalación será de 50 persoas. Para o acceso será imprescindible facerse socio da instalación.

comentarios