Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Coristanco prepárase para a Festa do Corpiño

Festas Virxe do Corpino Coristanco
Coristanco prepárase para a Festa do Corpiño

Curar o "Mal de ollo" é unha das cousas que fai a Virxe do Corpiño. Unhas festas que se celebran estes venres 6, sábado 6 e domingo 7 de xullo, en Oca-Coristanco. O venres arrinca a fermosa Procesión das Antorchas a partir das 22:00h. 

Para o sábado hai misas pola mañá a partir das 10:00 e repichocas con Rocío Pérez. O domingo 7 de xullo haberá servizos ás 9:00h e ás 13:30h, e será o Trío Karma o que poña a música.
O propio domingo, en Agualada, como todos os primeiros domingos de mes haberá misas ás 10/11/12/12:30.

Promoción en Lalín

Bispos e parrocos en Lalin

A pasada semana, o párroco Manuel Mallo acompañou a varios reitores de Santuarios e bispos de Galicia, como reitor do Santuario de San Antonio de Agualada e da Virxe do Corpiño de Oca. O “encontro” tivo lugar no Santuario do Corpiño de Leson en Lalin, onde se celebra a súa festa a última fin de semana de mes.

Comentarios