Luns. 09.09.2024
El tiempo

De viaxe a Arxentina polo décimo aniversario da casa de Santa Comba en Bos Aires

De viaxe a Arxentina polo décimo aniversario da casa de Santa Comba en Bos Aires

O concello de Santa Comba mantén aberto o prazo de preinscrición para as persoas interesadas en participar na viaxe a Arxentina, que organiza o consistorio xalleiro co fin de participar nos actos do décimo aniversario da Casa de Santa Comba en Bós Aires, que xestiona a asociación cultural Santa Comba de Xallas, co apoio do concello que desde fai unha década ven colaborando económicamente para o mantemento deste edificio e das súas actividades.

Os actos do décimo aniversario da Casa de Santa Comba de Xallas serán 30 de novembro de 2014, aínda que a chegada da comitiva dos veciños que participen na viaxe está prevista para a semana do 24 de novembro.

A data límite para preinscribirse é o 3 de outubro. Poden anotarse ou obter máis información no concello de Santa Comba (981880075) ou na Oficina de información xuvenil(981880275).

Un Oulet de Verán

Ademais, os Empresarios de Santa Comba, coa colaboración do Concello arman para o 5, 6 e 7 de setembro unha ExpoXallas no Recinto Feiral de Santa Comba, con maquinaria agrícola, servizos, moblería, gastronomía, hostalería, artesanía…

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios