Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Adxudicado o proxecto de expropiación do Polígono de Coristanco

Mapa do Poligono empresarial de Coristanco
Mapa do Poligono empresarial de Coristanco
Adxudicado o proxecto de expropiación do Polígono de Coristanco

 Xunta destina máis de 62.000 euros á redacción do proxecto de expropiación e de apoio técnico para a execución da expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento do parque empresarial de Coristanco. 

Novo avance na tramitación do futuro parque empresarial de Oza, Coristanco, coa redacción do proxecto de expropiación. O contrato, que foi adxudicado no último consello de administración da empresa pública Xestur, contará cun prazo de execución de 12 meses. 

O proxecto xa está a exposición pública desde o pasado 15 de decembro trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Os interesados poden presentar as súas alegacións, documentos e xustificantes que estimen oportunas nos 20 días hábiles seguintes á súa publicación.   

A primeira abranguerá unha superficie de 64.000 metros cadrados, na que se incluirán as parcelas necesarias para atender as necesidades actuais das empresas así como as zonas comúns, viarios e servizos que requirirá o parque. En todo caso, a previsión é que poida chegar ata os 173.000 metros, en función de como evolucione a demanda.

Cómpre lembrar que o PEOSE do polígono de Coristanco superou o trámite de avaliación ambiental o pasado mes de xuño e, desde entón, o Instituto Galego da Vivenda e Solo continuou avanzando na súa tramitación. Pola súa banda, a empresa pública Xestur é a encargada de impulsar as obras de urbanización do novo parque empresarial.

Máis novas

Comentarios