mércores. 26.03.2025
El tiempo

Piden no Parlamento a reactivación do prometido Polígono da MIñata de Coristanco e a Xunta di que se licita en 2026

  • A Xunta responde que que se licitarán as obras en 2026 para comezar coa súa execución ese mesmo ano, e o polígono estará en funcionamento en 2028.
Patricia Iglesias Pérez Abelenda PSOE COristanco
Jose Abelenda con Patricia Iglesias
Piden no Parlamento a reactivación do prometido Polígono da MIñata de Coristanco e a Xunta di que se licita en 2026

Dende xaneiro de 2024, cando se anunciaba a adxudicación do proceso de expropiación, non temos novas do prometido Polígono Ermpresarial de Coristanco.  Un proxecto rescatado en 2020, despois de 20 anos de esquecemento nun caixón, pero que a día de hoxe non avanza.

Así o denunciou hoxe a portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, no Parlamento, esixíndolle á Xunta garantías para a posta en marcha do Polígono Industrial da Miñata neste mesmo ano 2025. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Industria do Parlamento na que denunciou que os gobernos do PP foron
“incapaces de mover un solo papel en 16 anos” para levar adiante esta infraestrutura.

Iglesias denunciou que o PP leva “anos empregando este polígono industrial como mero reclamo electoral”, que reactivan en cada proceso electoral para despois deixalo esquecido nun caixón durante outros catro anos. Na súa intervención, que seguiu no Parlamento o portavoz socialista en Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, puxo como exemplo o anuncio preelectoral do ano 2019, cando Feijóo anunciaba esta obra como proxecto estrela para a comarca.

Sen embargo, non foi ata comezos de 2024 que o goberno galego non adxudicou o proxecto de expropiación, pero que leva paralizado dende setembro daquel mesmo ano, polo que esixiu que “impulsen e axilicen ao máximo e dunha vez por todas o proxecto de construción e execución do Polígono da Miñata”.

Máis novas

Comentarios