Venres. 19.04.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa acolle cursos abertos de Agricultura ecolóxica, de conservación e de aproveitamento forestal

  • O Centro organiza tamén unhas xornadas sobre Fruticultura
Cursos EFA FOnteboa
O EFA Fonteboa acolle cursos abertos de Agricultura ecolóxica, de conservación e de aproveitamento forestal

Acolle o Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa novas accións formativas abertas á veciñanza. Desta volta, son os cursos itinerarios de formación enmarcados no Plan de Emprego Local para persoas en situación de desemprego da Deputación da Coruña. Cursos que permitirán obter un Certificado de Profesionalidade e que trata de facilitar unha alternativa de emprego.

As formacións, que se iniciarán a finais deste mes, permitirán aos participantes obter un título oficial emitido pola Xunta de Galicia e con vixencia en todo o territorio Estatal, de Certificado de Profesionalidade de nivel 1 e 2 así como acceso a prácticas non laboráis en empresas e opción dunha axuda económica o longo da formación se cumpren os requisitos estipulados. Ademáis, o Proxecto amplía os coñecementos adquiridos ofrecendo unha serie de módulos e horas complementarias en distintas materias, así como máis horas de prácticas, visitas a empresas, feiras, titorizacións, etc.

As acción formativas serán:

  • ACTIVIDADES AUXILIARES EN APROVEITAMENTOS FORESTAIS (AGAR0209), con módulos complementarios en prevención de riscos laboráis, prevención forestal e biomasa forestal;
  • ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA (AGAX0208), con formación complementaria en comercialización sustentable de productos agrícolas, manipulación de alimentos e xestión de bio- residuos;
  • AGRICULTURA ECOLÓXICA (AGAU0108), a única de nivel 2, con módulos complementarios en manipulación de alimentos, permacultura e emprendemento para pequenas empresas do rural.

Para inscribirse nesta oferta pódense poñer en contacto a través da empresa adjudicataria do proxecto que xestionará todo o proceso (Magnafor Qualitas; 886 212 131; [email protected]) ou ven directamente cos técnicos de Emprego dos seus concellos correspondentes quen xetionarán as súas inscripcións.

Fruticultura

Ademais, o centro organiza unhas xornadas sobre Fruticultura.

2023-Fruticultura EFA Fonteboa

Novas relacionadas

Comentarios