Martes. 21.05.2019
El tiempo

Isabel Soutullo funde arte e natureza no Espazo Garabato

Isabel Soutullo expon no Garabato
Isabel Soutullo expon no Garabato
Isabel Soutullo funde arte e natureza no Espazo Garabato

”Campo a través" é o nome da exposición de Isabel Soutullo que estreou esta pasada fin de semana o Estudo Garabato de Carballo. Ata o 14 de abril poderase disfrutar desta mostra da artista de Coristanco, despois dunha inauguración na que estivo moi ben acompañada e que lle serviu para explicar como nace esta temática e que sinte cando pinta.

Son momentos de cambios para Isabel, pois fai apenas uns meses fixo a súa primeira exposición no edificio de servicios múltiples do axuntamento de Coristanco. Foi a súa primeira experiencia como profesional dentro do mundo da pintura a cal resultoulle moi gratificante e agarda continuar e crecer como artista.

Nacida en Coristanco, Soutullo é unha artista absolutamente autodidacta. Empeceuse a interesar pola pintura despois de facer un curso a distancia de delineación. A súa debilidade é o impresionismo.

E a natureza, por suposto, que é o tema clave desta “Campo a través”, que funde o binomio arte-natureza, como se vén facendo ao longo da historia.

O seu relato de presentación foi máis ou menos así: “Neste tempo que corremos a velocidade de bits e das novas tecnoloxías fai que esteamos de costas a ela, ignorándoa pero que en realidade debemos de tratala como nos gustaría que nos tratasen a nós mesmos. Amala, querela, mimala. Imaxínate un amencer no que abras os ollos e vexas as primeiras raiolas de sol dando de cheo na paleta de cores que reflexa una montaña, pecha os ollos e respira profundo, estase enchendo de esa paz porque ti tamén formas parte dela. Non o esquezas”.

Inauguracion da expo de Isabel Soutullo no Garabato

Comentarios