Mércores. 18.09.2024
El tiempo

José Manuel Arufe recibe unha emotiva homenaxe

José Manuel Arufe recibe unha emotiva homenaxe
homenaxe-jose-manuel-arufe-santa-comba A asociación de empresarios de Santa Comba organizou un xantar de recoñecemento a José Manuel Arufe Rieiro O pasado sábado, 4 de marzo, tivo lugar en Santa Comba un xantar de recoñecemento a José Manuel Arufe Rieiro organizado pola asociación de empresarios da vila. Foron varios os motivos polos cales a entidade empresarial quixo organizar este recoñecemento entre os que sinalan: a súa traxectoria política na comarca do Xallas, sendo o primeiro alcalde da democracia (1979 – 1991), "dotando ao concello de Santa Comba de instituto, F.P., colexio en Traba, centro de saúde, romarías internacionais, centro da Terceira Idade, pavillóns, Banda de Música (desaparecida), Filial do Conservatorio (desaparecida), grupo de gaitas e baile,..., aldeas saneadas, entre outras cousas" indican dende a asociación de empresarios. Asimesmo, tamén sinalan que Arufe destacou pola súa traxectoria empresarial e tamén na faceta deportiva como xogador, directivo e socio protector do Xallas Fútbol Clube. A organización contou coa colaboración do restaurante Casa Aurelio, co Xallas Fútbol Clube e coas floristería Xallas.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios