Martes. 15.10.2024
El tiempo

Novos capítulos de discriminación laboral no sainete municipal de Coristanco

Os tempos do tripartito de Coristanco remataron moi pronto
Os tempos do tripartito de Coristanco remataron moi pronto. Na investidura de 2015, Laura Mariño, Amancio Lavandeira e Abraham Gerpe
Novos capítulos de discriminación laboral no sainete municipal de Coristanco

Cando un escoita a palabra Coristanco véñenlle á cabeza moitos episodios protagonizados por algúns dous seus políticos. Hoxe tivemos conta dun novo esperpento municipal. Todo o mundo recorda aqueles días posteriores ás eleccións municipais do 2015 nos que non se falaba máis que de mercadurías políticas, a investidura de Amancio Lavandeira que facía goberno cun tripartito, apoiado por Abraham Gerpe.

Pois ben, apenas dous anos tiveron que pasar para comezar a ver os froitos maduros, case podres, daqueles pactos: unha moción de censura impugnada na que se proclama alcalde o concelleiro menos votado das listas do PSOE co apoio dos 6 edís do PP; unha baixa retroactiva e a cesión temporal da “silla” a Antonio Pensado para rematar unhas facturas pendentes da súa época; abandono de tres concelleiros do equipo de Goberno…

Pero é que nos poucos meses que Gerpe pasa efectivamente na Alcaldía non pode desvincularse do camiño trazado dende fai moito tempo en Coristanco por Antonio Pensado: contratacións fraccionadas e sen concurrencia, ausencia de xestión en pro do interese público, expedientes políticos, falta de técnico municipal, ausencia dunha xestión de persoal, interese único por saír na foto, apertura de expedientes aos traballadores que non lle seguen o rego, como tamén facía Plágaro, ata meténdose coa saúde dos que están de baixa.

E todo no marco dun momento no que a Conta Xeral se volveu presentar fóra de prazo, no que se está ampliando o periodo medio de pago de facturas ata o punto de ter que pagar o Concello importantes multas.

Ademais, segundo puidemos comprobar no mes de novembro repartiu produtividades. Case 7.000 repartidos discriminadamente entre os traballadores “acólitos”. Algúns que mesmo acoden a clases de gaita en horario laboral, ou que empregan medios públicos para fins privados.

Pola contra, varios traballadores municipais que non están dacordo coa política de amizade eternamente instaurada no concello coristanqués, padecen expedientes ao marxe da legalidade, coma o xa declarado nulo por sentenza en novembro de 2018 da secretaria; ou lles aplica aos traballadores cantidades diferentes ás establecidas polo Goberno estatal, fixas e iguais para todos os funcionarios de todas as administracións nas leis de orzamentos xerais do estado; ou lles quita as pagas extras, o que lles obriga a acudir aos tribunais para obter o que lles corresponde, ou simplemente os marxina de percibir esas produtividades, aínda que traballen máis e mellor que eses “colaboradores” que as reciben.

Novas relacionadas

Máis novas do sainete coristanqués

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios