Mércores. 18.09.2024
El tiempo

O concello de Santa Comba executa melloras na parroquia de Ser

O concello de Santa Comba executa melloras na parroquia de Ser
Obras de melloras na parroquia de Ser, en Santa Comba

A brigada municipal de obras do concello de Santa Comba procedeu esta semana ao derrúbe dun muro no entorno do polideportivo e do campo da festa de Ser, que se encontraba en malas condicións.

Queda agora acometer a construcción dun novo muro con base de formigón e bloques, e cun peche de alambrada, para dotar dunha mellor seguridade na zona. O muro ten unha lonxitude de 30 metros e unha altura que oscila entre o 1,20 e o 2,40 metros.

Sinalan dende o Concello que a mellora está sendo financiada con recursos propios. Ademais na mesma parroquia o concello leva a cabo estes días a limpeza de camiños veciñais, do lavadoiro e o acondicionamento das zonas verdes, onde a vindeira fin de semana se fai celebrar a tradicional festa de San Ramón.

O alcalde Antonio Landeira lembrou a súa vontade “de seguir atendendo as necesidades das distintas parroquias e dando resposta as mesmas, na medida das nosas posibilidades, e unha vez contando con axudas da administración e outras, coma neste caso, asumindo os custes con fondos do concello”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios