Os Empresarios de Santa Comba organizan un taller de comercio electrónico e redes sociais
07:06 04/11/16
O vindeiro martes, 8 de novembro, terá lugar en Santa Comba un taller sobre como impulsar o comercio online e posicionarse nas redes sociais. O curso, de carácter gratuito, está organizado pola asociación de empresarios de Santa Comba e impartirao Javier Rocamora, consultor e formador en marketing online e offline, comunicación, liderazgo e xestión de equipos. Os interesados en asistir deben anotarse no 981 818 604 en horario de 10 a 14 horas.
O taller comeza ás 18 horas e terá unha duración de catro horas. Está destinado preferentemente a autónomos, microempresas, pymes, emplados e emprendendores do sector comercial minorista.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Empresarios de Santa Comba