venres. 02.05.2025
El tiempo

Os nenos, os esquecidos do enfrontamento entre a dirección e os pais do Barrié de la Maza

Os nenos, os esquecidos do enfrontamento entre a dirección e os pais do Barrié de la Maza
xornada-no-ceip-barrie-de-la-maza-de-santa-comba Os alumnos do CEIP Barrié de la Maza non teñen actividades fóra do centro

Vén de lonxe o enfrontamento entre a dirección e os responsables do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba, cos pais e nais. Xa van dous anos que dende o centro leva intentando instaurar a xornada única, pero os pais e nais votaron en varias ocasións que prefiren manter a xornada partida.

Unha decisión democrática que non sentou ben no seo do centro, que decidiu “tomar as súas represalias”. A propia directora Dolores Nieto, que non quere facernos ningunha declaración, chegou a dicir ante membros do Concello e mesmo da Xunta que “había que castigar aos pais” por non aprobado a xornada única.
”É cousa do Consello Escolar, non só da directora”, apunta a alcaldesa María Pose, que recoñece terlla chamado a atención porque “non se pode boicotear aos nenos”.

Entre as medidas que ten tomado o centro atopamos a imposición dunhas normas que sen ter sido aprobadas por Consello Escolar durante un tempo, impedían aos pais acceder ao centro, obrigabanos a esperar á chuvia, ou e caso de chegar tarde impedían acceder aos alumnos ás aulas ata a seguinte sesión.

Outra cousa que deixaou de facer o colexio é facer actividades fóra do centro. Así, xa non se realizan excursións ao cine, ao aquapark ou ás actividades municipais. Por exemplo, ás fantásticas Xornadas do Lobo do ano pasado, foron todos os centros da zona, menos o Barrié. “Non fan cousas fóra do colexio, pero a verdade é que dentro fan unha marea de cousas, intentando compensar que non poidan saír”, apunta a alcaldesa que recoñece que, por exemplo, unha actividade de grafitis polo 25N se levou a cabo dentro do colexio.

E despois de moito tempo de silencio mediático, os pais e nais queren sacar o asunto á luz pública por considerar moi grave que o centro non faga a excursión de fin de curso. Os pais e nais de 6º están armando, ante a falta de resposta dos responsables, unha excursión fóra do horario lectivo a Cantabria, para a que están intentando armar diferentes actividades para conseguir fondos. Os cativos terán que vender máis rifas ca nunca, e porán un posto de chocolate na cabalgata de reis.

A cousa parece que non ten unha solución inmediata. Non parece que o Consello Escolar vaia propoñer unha nova votación, tendo en conta que toda esta polémica o que está facendo é alonxar aínda máis as posturas, e mesmo os pais que estaban a favor da xornada única, agora están poñéndose do lado contrario. Mentres, os grandes esquecidos, os alumnos, que non poden saír do centro a aprender máis alá das aulas.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios