mércores. 04.12.2024
El tiempo

1,8 millóns de euros para a rehabilitación do IES Alfredo Brañas

Anuncio reforma IES Alfredo Branas
1,8 millóns de euros para a rehabilitación do IES Alfredo Brañas

Máis vale tarde que nunca. Leva anos a comunidade escolar e os grupos da oposición denunciando o mal estado do auditorio e outras estancias do IES Alfredo Brañas. E este pasado venres, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaban o centro para anunciar a rehabilitación integral do centro.

Cun orzamento de case 1,8M€, a actuación ten como obxectivo mellorar o confort térmico do edificio e, como consecuencia, o día a día de alumnos e docentes, ao tempo que se consigue unha maior eficiencia enerxética e un menor consumo.
Esta nova actuación licitarase por anticipado de gasto antes de que remate o ano. A previsión é que os traballos poidan comezar no segundo trimestre de 2025.

Román, que recibiu as queixas das familias do CEIP Bergantiños, lembrou que tamén se acometeu a instalación térmica e fotovoltaica do Instituto IES Monte Neme e melloras na cuberta do Colexio CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo, entre outras.
 

Histórico da demanda

 

Comentarios