Reciclar ten premio ca Tropa Verde de Santa Comba

07:02 23/03/18


Como participar
O proceso para participar é sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.org. Cando leven os seus residuos ao punto limpo e os lugares destinados a tal efecto, obterán un cheque cun código que deberán introducir na mesma web. Entón, recibirán uns puntos, chamados “estrelas”, que se poderán trocar por produtos e descontos no comercio e na hostalería local.
Onde conseguir puntos
• Punto Limpo coma emisor de cheques, se obteñen 50 estrelas por depositar residuos nas instalacións: pilas e baterías, disolventes, pinturas, vernices, fluorescentes e aerosois, aceites usados, electrodomésticos con CFC, e os residuos que non se poidan depositar nos colectores da rúa por culpa do seu tamaño, nivel de contaminación...etc. • Depósito de pilas: varios establecementos e centros colaboran recollendo bolsas de pilas a cambio de 30 estrelas da Tropa Verde: Fotos Teca, Óptica Xallas, centro de cultura, etc. • Cáritas no Concello de Santa Comba, depositando aquí roupa, complementos ou calzado se consegue un cheque de 30 estrelas. • A web irase actualizando segundo se incorporen colaboradores e lugares onde acadar cheques.Onde cambiar os puntos por recompensas

Fonte
- Concello de Santa Comba.