Santa Comba e a Fundación Amigos de Galicia axudan a 40 familias xalleiras
Importante o convenio renovado entre o concello de Santa Comba e a Fundación Amigos de Galicia. Un conveno que permite axudar a corenta familias xalleiras, como acontece en Malpica. I é que todos somos conscientes da necesidade de dar resposta ós problemas de emerxencia social, polo que cómpre destacar o traballo de entidades como Amigos de Galicia ou Cáritas.
Foron o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo e o director da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro, os que asinaron onte o convenio de colaboración, que está permitindo, desde fai uns anos, desenvolver distintas iniciativas encamiñadas a paliar as necesidades de familias sen recursos.
Esta cooperación permitirá que corenta familias de Santa Comba sigan recibindo axuda da fundación, alimentos, material escolar a outros produtos de primeira necesidade, ademais doutras actuacións puntuais, como nun caso concreto, a dotación de mobiliario a un fogar do municipio con serios problemas.
Jesús Busto lembrou tamén outras actividades de Amigos de Galicia, como é o caso do concerto solidario que se celebrou en Santa Comba e que contou coa participación de El Combo Dominicano e no que se recadaron “preto de cinco mil quilos de alimentos”.
Pola súa banda, o alcalde xalleiro, Antonio Landeira dixo que “estamos moi satisfeitos coa labor que están facendo, xa que cunha aportación municipal mínima estannos dando unha cobertura moi importante no campo da asistencia social”.
Landeira Gallardo destacou o traballo de entidades como Amigos de Galicia ou Cáritas. Mediante este convenio o concello achega 4.000 euros, para levar a cabo distintas accións de axuda a familias con necesidades, baixo a supervisión do departamento de Servizos Sociais do concello.
Visita torera
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, recibiu esta mañá a Luís Gerpe, un torero con raíces e vinculación con Santa Comba. Moi emotiva a xuntanza.
Máis información
Novas relacionadas
- 20 familias de Malpica poderán acodir ao Banco de Alimentos tamén en agosto.
- O concello de Santa Comba executa melloras na parroquia de Ser.
- Santa Comba non para.
- Santa Comba abre novos cursos de formación
- Mozos de toda Europa participan nun progama de seguridade vial en Santa Comba.