Santa Comba imparte un Curso sobre Benestar animal no transporte
07:38 01/06/16
Cantas viaxes fan os nosos animais en comarcas agro-gandeiras como a nosa. E que importante é que viaxen cómodos, que non sufran. Para iso, o Concello de SAnta Comba impartirá do vindeiro 13 ao 17 de xuño, un Curso sobre o Benestar do Animal no Transporte. Un curso de balde que ten como finalidade que todo aquel (gandeiro, tratante, cpoidador, ou propietario de animais), poda estar en posesión do "certificado de competencia necesario" e cumprir os requisitos legais.
O curso será en horaro de tarde no Edificio Multiusos, hai un máximo de 30 prazas e xa se poden inscribir no 881 99 74 89.
Fonte
- Concello de SAnta Comba.