venres. 02.05.2025
El tiempo

Santa Comba move o seu comercio

Santa Comba move o seu comercio
Santa Comba acolleu a pasada fin de semana unha campana promocion do comercio local Santa Comba acolleu a pasada fin de semana unha campaña promoción do comercio local O comercio e a hostelería de Santa Comba vén de vivir unha intensa fin de semana despois da campaña "Santa Comba Móvese" posta en marcha pola asociación de empresarios da vila. Descontos, distintas actividades deportivas e de ocio, tapas e racións a precios especiais, música, un tren turístico... encheron de cor e de xente as rúas da capital xalleira. Este tipo de actividades - moi de moda ultimamente na bisbarra - son idóneas para promocionar e dinamizar o comercio local. Dende o comité organizador, encabezado pola asociación de empresarios de Santa Comba, agradecen a participación de todos os establecementos e outros colaboradores nesta campaña. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Empresarios Santa Comba

Comentarios