xoves. 01.05.2025
El tiempo

Santa Comba pon en marcha un programa de andainas

Santa Comba pon en marcha un programa de andainas
O concello de Santa Comba e a asociación Os Trotasendas veñen de poñer en marcha un programa de andainas para coñecer os puntos máis emblemáticos do municipio. A iniciativa arranca mañá, día 14, co roteiro "San Bartolomeu, vista ao infinito". A saída é as 10 da mañá dende Santa Sabiña. A próxima cita é o día 21 para facer percorrer o "Curso medio do Xallas", con saída dende Esmorode.O día 28, realizarase a ruta"O camiño primitivo", con saída desde Fontecada. O programa de andainas remata o 4 de febreiro coa visita "As fontes do Xallas-Fervenza de Castriz", con saída desde Vilamaior. Todas as rutas son circulares e teñen unha distancia de entre 10 e 15 quilómetros. A saída é sempre ás 10 horas dende os lugares indicados e para participar é necesario anotarse previamente no 981 81 87 10 (Multiusos), 666 93 47 25 (asociación Os Trotasendas) ou no Facebook da asociación. Cursos para desempregados Por otra parte, o concello de Santa Comba tamén ofrece varios cursos dirixidos a desempregados/as que son: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (nivel 1); atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (nives 2), competencias clave Nivel 2: lingua española, lingua galega e matemáticas. Os interesados en participar en algún destes cursos poden ampliar información na oficina de Formación e Emprego, situada no edificio Multiusos, ou a través do número de teléfono 66378782.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Santa Comba

Comentarios