Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Santa Comba presentou a súa APP para comunicarse cos veciños

Santa Comba presentou a súa APP para comunicarse cos veciños
Presentacion da APP City4Santacomba

Os xalleiros xa se poden enteirar das novidades municipais e ao tempo poden enviar as súas demandas ao Concello a través das Novas Tecnoloxías. Aplaudimos a aposta pola comunicación 2.0 do Concello xalleiro coa creación desta APP “City4SantaComba”.

No acto de presentación estiveron Carlos Martinez, director de organización da empresa Elaboro, e mais o alcalde Antonio Landeira Gallardo.

Posibilidades

APP City4SantaComba

Desta forma os veciños poderán notificar incidencias (augas, alcantarillado, baches, contenedores, alumeados públicos, recollida de pilas, animaiss mortos, vertedoiros incontrolados, mobiliario público, etc) de forma sinxela, inmediata, directa e sen ningún papeleo, con solo sacar unha fotografía e indicar o lugar e tipo de incidencia. O veciños terán tamén acceso en todo momento desde os seus dispositivos móbiles a información xenérica do municipio, directorio municipal, noticias e anuncios (itv, renovación do dni, avisos, actividades, etc).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios