Sesión informativa sobre a moción de censura de Santa Comba
08:14 19/05/16
Mañá venres, ás 21 horas, terá lugar no auditorio do edificio Multiusos de Santa Comba unha sesión informativa sobre "os motivos da moción de censura" que presentaron o pasado venres, 13 de maio, os concelleiros do PP e de Terra Galega.
Dentro do seu afán pola "política informativa e de transparencia" o goberno de José Antonio Ucha, que goberna en minoría dende o pasado mes de novembro, será o encargado de informar aos veciños sobre os motivos polos que, ao seu entender, a oposición fixo unha moción de censura contra o goberno socialista. Ademais, durante a sesión os veciños e veciñas do municipio coñecerán os pasos a seguir dende a presentación da proposta, os expedientes obxecto de investigación por parte da fiscalía así como a forma de contratar os servizos e de executar as obras.
O máis probable é que a semana que vén, cumpridos os dez hábiles dende a presentación da moción de censura se celebre o pleno no que se verá se prospera ou non.
Novas relacionadas
- O PP e TEGA presentan unha moción de censura en Santa Comba
- O pleno de Santa Comba puxo de manifesto a tensión entre os grupos municipais
- O PSOE expulsa a Terra Galega do goberno de Santa Comba
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Santa Comba