venres. 02.05.2025
El tiempo

Un ferido en Santa Comba ao caerlle unha póla na cabeza

Un ferido en Santa Comba ao caerlle unha póla na cabeza
Sobre as 15:30 horas de hoxe un particular alertou os servizos de emerxencias despois de que unha persoa resultase ferida ao caerlle unha póla dunha árbore na cabeza. A vítima tivo que ser evacuada nun helicóptero ata un centro hospitalario.O suceso tivo lugar nunha zona de monte de Mallón, na parroquia de Cícere. Ao parecer, o ferido é un xubilado da zona. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios mobilizaron ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112
 

Comentarios