O Xulgado anula un novo expediente imposto á Secretaria Municipal

Novamente unha sentencia do Xulgado do contencioso-administrativo nº 4 da Coruña en contra do goberno do Concello de Coristanco. Desta volta vén de anular un dos expedientes disciplinarios presentado polo alcalde, Abraham Gerpe, impostos á Secretaria Municipal.
Nesta ocasión a Secretaria do Concello realizara unha instrución para que o persoal do Rexistro e os cidadáns procederan ao rexistro de documentos coas maiores garantías para estes e para o Concello, segundo a normativa de administración electrónica.
Gerpe, que en meses pasados recoñecía en varias providencias municipais a súa incompetencia para controlar a plataforma electrónica, pero que quería facer as cousas legais e que o seu novo goberno “priorizaba a transparencia e legalidade”, procedeu á contratación urxente dun asesor externo (como denunciaran BNG e En Marea, quen resultou ser Antas Hernández Vento, parente dun Xuíz de Carballo.
Foi aí cando Gerpe rexeitou o rexistro da Secretaria Municipal, instándolle a volvelo facer segundo as súas indicacións, pero manténdose baixo a súa responsabilidade, abríndolle ademais un dos coñecidos expedientes disciplinarios.
O Xulgado anulaou devandito expediente dun xeito bastante rotundo: “la resolución impugnada carece absolutamente de cualquier razonamiento para justificar la imposición de la sanción de apercibimiento... cuxo contido no incorpora, ni con las incidencias que no describe, lo cual genera una evidente indefensión a la recurrente, suponiendo además un quebrantamiento de la presunción de inocencia que la ampara, y vulnerando lo dispuesto en el art. 24 de CE”.
Coma vén sendo habitual o Concello terá que pagar as costas á funcionaria, así coma que, a pesar do asesoramento de dito despacho, e tamén terá que pagar ao asesor doblemente, polo seu informe non disciplinario e pola representación letrada nos Xulgados.
Novas relacionadas
- Marzo 19: Novos capítulos de discriminación laboral no sainete municipal de Coristanco.
- Febreiro 19: 8 posibles candidaturas para o sainete municipal de Coristanco.
Máis novas do sainete coristanqués
- Novembro 18: Novo varapao xudicial ao pacto da moción de censura en Coristanco.
- Maio 18: Pensado Plágaro pasou de novo polo Xulgado de Carballo no marco da Operación Pataca.
- Maio 18: O 70% das obras de Coristanco entre 2009 e 2013 recaeron no mesmo grupo empresarial.
- Abril 18: O “dedo” adxudicador de Pensado Plágaro.
- Abril 18: BNG e En Marea denuncian a contratación ilegal da asesoría xurídica polo alcalde de Coristanco.
- Marzo 18: Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?.
- Marzo 18: As irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco.
- Febreiro 18: Coristanco, único Concello que non presentou a Conta Xeral 2016.
- 02-02-18: O alcalde de Coristanco ponse soldo a pesar do veto da Xunta:
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.